pato
| entrada | Llibre del Tigre | sèrieAlfa | varia | Berliner Mauer
|

 

 

 

 

[Chus Pato]

 

A escada de Jacobe
a batalla

Tigra

 

 
A escada de Jacobe
ESTAS.
As defensas
ferro de bater e bronce cruzando todo o areal

naus
que algunha vez ancoraron na badía
ARETUSA
ENDIMION
TRIENS ADVENTURE
pasto de argazo 

e estas:
torres
arquivos e papeis e privilexios a unha legua de distancia

non o poñas todo aquí 
rebordan 

para dicirche

pero xa por aquel entón camiñaba sobre areas movedizas

vístenme
supoño que é miña nai quen trata de vestirme

neste mencer moi frío
escuro

porque durante moito tempo non tiven nenez

-unha entrevista sobre a economía do Xapón
un artigo sobre a China 
¿la revolución industrial asiática?

lentamente un deus
e as cenorias 
e as verzas de rizada folla 
e as xudías
e os pementos
e os cabazos
e as flores nas bermas abeiradas, distintos tipos de flores
estas perspectivas baixas coma nun cadro de Ostende

un xogo perigoso
unha forma perigosa de vivir
os ceos
tan altos

a posibilidade dunha riquísima vida interior
cidade murada
variadísima

como nos ensinan a falar
como torcen a nosa vontade
para xa
nunca máis
sermos doada a lingua

obedecérmonos

en mesas xigantescas, pétreas
e nós aprendiamos a camiñar
pero sabermos a penas os nomes que declina a terra
nome que para os demais
abrira
a extensión
a Casa 
ou cando menos, a existencia dun mundo mellor, eu xa non podo imaxinalo

na compaña das árbores
dos armarios de lúa

decidiu traballar sen razoar, pois ese era o único xeito de facer soportábel
a vida

papá:
quérote moito e envíoche esta postal para que a ensines en Madrid
é un carro de vacas con tres nenos subidos enriba
Non para de chover e vai frío, xogo con Xaco, Borja, Beatriz e Fernanda
Moitos bicos
Adriana

ah, si, a industrialización tardía, claro, un CAPITALISMO DE APRENDIZAXE

 -¿pensas acaso que o poeta cando escribe está no máis adecuado estado óptimo de saúde?

instante no que Hannah pensa en ti, en Hamburg, tan arriba
e escribe a súa carta postal con Petruska e lago e calor e picardía, coincidencia feliz
Meisterwerke aus den Guggemhein Musseum

eu quedo aí
mirando os cadáveres das formigas
ou como espellea o chapapote
esta voz é máis alta
e moito máis robusta
os ollos da miña irmá son verdes
como unha tigresa de Bengala
as fillas desta voz ou dobre ou aparecida brincan e enredan ao noso redor
camiñan en torno á desolación
pero tamén
-viñamos de darlle ao can
tentou apoiarse no peitoril

quen de manter a esperanza
ponlle a mao sobre os ollos, que non a
abrase ningunha sombra
no que fai ás outras hai xa tempo que xacen sepultas no silencio da planura

sub umbra das nosas propias lanzas
combatimos
porque ejes construíron os seus panteóns

urbanizacións que tapiaron os campos de golf da café society venezolana

esas palabras esvaran nos meus soños
no pensamento
-¿seredes quen de non concibir o estado?

lugar da calcinación
da morte

escoitando a voz
a voz todo o lempo 

os nomes pantasmais da Casa 

materia densa, pétrea
-sobrevóao

dállo a comer ao chuchamel
ao paxaro

alén do alén
nos bordos
nas fronteiras

nas remotas aldeas

e retornan
retornándonos

-teu é o camiño, eu só coñezo o vento

-¿é isto, esta Casa o Edén?

non coñeceremos a fin dos nosos días

liso era o Paradiso
a Casa dos meus avós?

a xente nunca tivo Paradiso

esta é a miña memoria das illas
areais virxes e palmas e peixes enormes

antes de que ají construiramos as urbanizacións
antes de que a nosa suor deixara de ser terra para trocarse en avaricia

cheguei a estar alí, na vosa carpa, guaiabera e estilográfica de ouro,
estiven convosco desde o máis remoto
da nenez. O mundo non cambiara
deixa que falen
deixa que se crucen.as súas verbas

ti, es o que eles din
eles din o que ti es
a linguaxe
o seu poema

para comprender porque en min habita a morte

¡mortos queridos! Os nosos país eran xa defuntos dúas xeracións antes
de nós nacer
e así nunca tivemos patria

lugar da calcinación
absolutamente moderno etc.

-víñamos de darlle ao can
deslumbrouna un coche

¿son estes, nosos pais, que botan andar alén do Paradiso?

aborrecín o mar
a escrita
a vida 

desexaba ser inglesa 
saber inglés
escribir naquel idioma 

brumas 
na montaña
entre os piñeiros 
baixas
aquel ou aquela que mata o seu idioma orixinario

¿serán os meus avós os nosos primeiros pais?
¿serán meus irmaos meus país?
¿vivirán ata os setecentos anos?
¿desposareime eu cos meus irmaos?
¿será o seu idioma esa lingua perdida da que falan os poetas?

¿será nese intento onde nos perdemos?
¿onde confundimos a língua, as palabras
o noso poder para enternecer as ceraturas?

¿simboliza Babel a nosa confusión
o esquezo?

así os/as desposuídos da linguaxe

a violencia enguirlanda a voz

o esforzo por rachar o cerco da mudez
intrusa
como ser incapacitado para a fala
dispón a boca, os sons da palabra que o pronuncia
que pronuncian a paixón
o desexo
a morte

porta batida polo vento
bisagra
boca
primeiro concentraron a propiedade
logo expropiaron a arboreda

finalmente comezamos a vivir dos intereses bancarios

pero Deus non creou á muller
¿ fíxoa a costela
de Xosé, meu avó
de Antonio, meu outro avó?

¿debo reducir a unha soa parella orixinaria, ou son froito de dous país?

¿debo confundir nun só pai os dous avós?

«Ningunha escada de Xacobe permite volver á nai. A escada de Xacobe sobe sempre
ao ceo, cara o Pai e Señor e Salvador»

entón leudhit distribuíu os seus bens antes de morrer entre
todos os cosanguíneos
do seu home, Menaxés, e entre os propios familiares...

para non ter que escoitar nunca máis o designio do corvo na
restreva

as asas pregadas da volvoreta

no asfalto.


[Nínive, Edición Xerais, Vigo, 1996]

Δ

a batalla non a ves porque sucede lonxe, en Eritrea
a pintura é enorme, tres ou catro veces maior que os cortinados dun teatro
de ópera. A nai, unha das catro nais do rapaz, vai falar e efectivamente
fala. Nada, nalgún lugar simbólico o fungo transfigúrase en doncela
-míralle a capotiña e o manto lepiota
intúeslle o corpo, esvelto e atigrado; o tacto, frío. Como xeado é nos
cogomelos cando atardece. E sorprendente e feliz porque podes retirar
a mao e enluvar os dedos ou quecelos nos teus petos. Seguramente é muda.
Só o nome perfecto de Deus, o Dome de Antonin Artaud onde alguén ispe
a pedra. Grandes lenzos de chuvia cara a dentro, a moitos quilómetros,
profundos de follas moi húmidas e mortas e porque chegas tarde escachas
nos ourizos onde dormen nenos con tiara solar e bambéanse e unha
das catro nais vai falar e efectivamente fala fiesta alcoba dedicada
a Stern porque estamos dentro, no grimorio dun poeta, e conta Xulia Moesa
cómo tivo que camiñar sobre o esterco vintecinco metros
para buscar unha peciña da muxidoira que se lle perdera,
e contemplan todos, a moitos quilómetros de profuhdidade, as páxinas
da Ultratumba conxeladas por mor da couza, por lle sandar o mal,
e respiran e hai que vestir a pedra
o que nunca chegaremos a desvelar é se estamos dentro ou non, se a lágrima
é de acibeche ou de basalto, se dentro están as tres magas danzarinas,
se lograremos algunha vez abrir o túnel. A pedra condénsase coma nun rito
ciguri. Sinala entón as iniciais, as iniciais brancas e as iniciais vermellas,
do sol-macho real, do sol-femia, real. Nunca chegaremos a saber
se os nosos nervios son emanación s do sol, se a páxina é parasitaria
das secrecións do meu cerebro
os nosos nervios radiantes de azafrán nas letras do betilo
sobre todo cando as perdas son tan violentas e próximas
                                                                                  Veracruz, maio, 1947.

 

[m-Talá, Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 2000]

Δ

Tigra 

ANDREA: as tigras son muller, pero levamos os cabelos recollidos
nunha capota moi fermosa con duas orelliñas en pel sintética de leopardo
habitamos un émbolo
MELBA: e, ¿a pel?
ANDREA: a pel é realmente un avental, tes que atalo cara adiante, cruzar
as fitas baixo os peitos, dúas aspas gregas, isto é o que se ve. Pero cando
entran eles, os celibateurs. Moi sutil, a pétala, entre comedores de lume
XULI: ¡non ho!, non precisamos domador; un ar enrarecido, irrespirable,
a gaiola convértese nun cilindro xigante de vidro, nun tubo de ensaio ou
xiringa hipodérmica; entón miríades, ou ben lisérxicas, cegamos.
E os trapecios, e os xardíns, arrecadas floridas esborrallándose:
bóveda-matrix. Invádennos as avesedas flairas do teixo, e os cavorcos do
lobo, e as cerdeiras e as mazairas abafadas xa polos acivros. O noso é un
sexo derrubado. Gabriele d'Estreés e a duquesa de Villiers
ANDREA: a ti píllante e póñenche os brazos estendidos, os brazos
voadores
entón rómpenche as veas e comezas a sangrar (estás así quince minutos ou
máis). Claro, fan falta moitas mulleres, pero teñen que ser orfas, dos orfanatos
anóanche a corda ao redor do pescozo e ti tes na mao unha fouciña e tes
que estar moi atenta porque el cando se corre, dálle co pé ao tallo e ti tes
que cortar a soga, senón morriches. Se non morriches, caes, caes desde
unha altura de tres metros e entón repites:
pós os brazos estendidos, OS BRAZOS VOADORES,
anóaste a fita, fas o torniquete,
as pingas esvaran no enlousado, filtran na bóveda perfecta do convento de
Cluny, nas outas e esgrevias terras do Candán. Anoas a Lingua no
antebrazo, o peso do Idioma, rompe
no lombo pardo
dos cabalos
XULI: eles meten por aquí os seus cartos, métenos porque ti estás dentro,
dentro da máquina de azar, en réndeas delicadas de branco encaixe e zapa-
tos de vermeIla lazada Luís XV de ante e altísimo tacón
MADAME: non comades a mazá, continuemos no Edén, no Harén,
no Circo, no Burdel
catro serán os teus proxenitores
a doncela e a morte
a muller bala

a martiresa e o dragón
TODAS: somos
AS MARABILLAS DO MUNDO EN VÍVIDAS DIMENSIÓNS, as visións
eternas do amor, a chave da cidade, o movemento perpetuo
MARGOT: mire coas cores da realidade a experiencia máis
significativa dunha rapaza
“María e o Arcanxo, manual para os que carecen e concentración
na éxtase amorosa. Sub fluminis e a pel do leopardo
XULI: ¡porque non es quen de comunicarte cando fas o amor,
nin de pedir pola paz do mundo cando chegas ao orgasmo!
Ommmmm
MADAME: como te atormentan, que a escabecen 

AUTORA: elas, nas súas pin-baIls, sen himen. 

                                                  «o teito cóbreme como unha enramada de serpes»

                                                                        David P. Iglesias

[m-Talá, Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 2000]

Δ

| entrada | Llibre del Tigre | sèrieAlfa | varia | Berliner Mauer |